Visita dos alumnos de DAM á sede da Afundación A Coruña

O 19 e 20 de outubro, os alumnos do 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma realizaron unha visita guiada á sede da Afundación na Coruña para ver a exposición «Heroes animados» que estará aberta ata o 28 de novembro de 2015.

«Heroes animados» é unha exposición exclusiva para Afundación que pon á nosa disposición a orixinalidade, innovación e calidade do traballo realizado por un dos máis prestixiosos centros de industria creativa, Grangel Estudo, especializada na creación de personaxes para o cinema de animación que leva realizado durante os seus 25 anos de existencia importantes traballos a nivel internacional.

A exposición presenta unha mostra de todo o proceso de deseño e creación dun personaxe a través de películas memorables como «O príncipe de Exipto», «Spirit, o corcel indomable», «A ruta cara a El Dorado», «Simbad: a lenda dos sete mares», «O Espantatiburóns», «Madagascar», «Kung-Fu Panda», «Como adestrar o teu dragón», «A noiva cadáver» de Tim Burton, «Piratas!» e «Hotel Transilvania».

Durante o curso da visita os alumnos realizaron actividades prácticas nun obradoiro de produción dun filme.

pie noticia web dam 2

pie foto web dam 1

Avatar

Author: CPR Afundación A Coruña

Compartir

Enviar el Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *