VISITA AO GAIÁS – CIDADE DA CULTURA

O mércores, 4 de maio, os alumnos dos Ciclos de Grao Superior de Administración e Finanzas 1º, Asistencia á Dirección 1º e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma 1º, do CPR Afundación A Coruña, realizaron unha visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia (GAIÁS), situada en Santiago de Compostela, acompañados dos profesores do centro, para ver máis de preto os segredos dun proxecto arquitectónico único.

A visita tivo como obxectivo que os alumnos puidesen coñecer o complexo arquitectónico do GAIÁS, deseñado por Peter Eisenman, sobre todo, o Museo, Arquivo e Biblioteca. Os alumnos accederon libremente a estes espazos e percorreron os exteriores da Cidade da Cultura desde as Torres Hedjuk á praza central.

1

2

Avatar

Author: CPR Afundación A Coruña

Compartir

Enviar el Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *