O pasado venres, día 2 de outubro, no auditorio da Escuela de Negocios Afundación A Coruña, anticipámonos á conmemoración do Día da Educación Financeira coa asistencia dos alumnos do noso centro á conferencia “¿Preparado para dar el salto? Las necesidades financieras a lo largo de la vida”, impartida pola coordinadora adxunta da área de Educación Superior de Afundación, Carlota Sánchez-Montaña, quen salientou a importancia da planificación financeira e o aforro desde a infancia ata a xubilación.
Esta conferencia enmárcase dentro do Plan de Educación Financeira, promovido polo Banco de España e a CNMV (Comisión Nacional del Mercado de Valores), co obxectivo de contribuír á mellora da cultura financeira dos cidadáns, no que participa Afundación coa colaboración de Abanca.
